Falece unha moza nun accidente de tráfico en Arca

Falece unha moza nun accidente de tráfico en Arca
Falece unha moza nun accidente de tráfico en Arca

Unha moza de 20 anos faleceu esta noite nun accidente de tráfico rexistrado no límite entre os concellos coruñeses do Pino e Touro.

O tráxico accidente tivo lugar moi preto da discoteca Dona Dana cando o vehículo saiuse da vía  pola marxe esquerda, colidir contra o quitamedos e acabar envorcando. O turismo viaxaban tres persoas, o condutor e dúas mozas.

A rapaza falecida viaxaba no asento traseiro do turismo e quedou atrapada. Precisouse da intervención dos bombeiros de Arzúa para extraela do vehículo. A outra moza ferida viaxaba no asento do copiloto e foi trasladada ao hospital con feridas leves. 

A primeira casusa que se baralla para o accidente foron as condicións climatolóxicas xa que no momento de perder o condutor o control do turismo chovía e había unha néboa mesta.

Comentarios
Lo más