Eliminado un vertido de augas residuais que afectaba ao río Tambre en Oroso

Eliminado un vertido de augas residuais que afectaba ao río Tambre en Oroso
Eliminado un vertido de augas residuais que afectaba ao río Tambre en Oroso

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de comprobar a emenda dun vertido de augas residuais que afectada ao río Tambre, á altura da urbanización Porto Avieira, en Sigüeiro, no concello de Oroso

Técnicos do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia desprazáronse á zona alertados polo 112, onde puideron comprobar que o vertido producíase como consecuencia dos traballos que estaba a executar a concesionaria do servizo de saneamento municipal no sistema de impulsión de augas residuais existente no lugar.

Derivado destas actuacións foi preciso paralizar o sistema de impulsión que recolle as augas residuais producidas na urbanización de Porto Avieira, orixinándose un vertido de augas residuais que, dada proximidade das infraestruturas de saneamento co río Tambre, rematou por afectar ao citado leito fluvial.

Os inspectores de Augas de Galicia levantaron acta da situación detectada e fixeron o correspondente seguimento do avance das actuacións acometidas por parte da empresa concesionaria. E aos poucos días os técnicos do organismo hidráulico da Xunta puideron verificar o restablecemento do sistema de impulsión e o cese dos vertidos ao dominio público así como a afección sobre o río Tambre.

Comentarios
Lo más