Belén rianxeiro en miniatura

Belén rianxeiro en miniatura
Belén rianxeiro en miniatura

Bonito e representativo belén en Rianxo donde están representados os rianxeiros e rianxeiras

Curioso e laborioso belén o que se pode ver en Rianxo durante estas datas festivas.  O portal de belén está dentro dunha nasa e os reis viaxan a bordo dunha Manuela. Non hai rianxeiro ilustre que non apareza no nacemento. 

Xunto aos mariñeiros e as redeiras, atopamos emigrantes, escritores ou músicos. Ninguén queda fóra deste Rianxo en miniatura.

Detrás destas obras de arte están as mans das mulleres da asociación Ondiñas Mainas que dedican moitas horas a elaborar cada figuriña. 

Comentarios