Trasladan a unha menor ao hospital por un accidente de tráfico en Ribeira

Trasladan a unha menor ao hospital por un accidente de tráfico en Ribeira
Trasladan a unha menor ao hospital por un accidente de tráfico en Ribeira

Segundo os datos recollidos no 112 Galicia, o vehículo no que viaxaba saíuse da vía e envorcou no lugar de Teira, en Corrubedo

Unha menor foi trasladada ao Hospital do Barbanza debido ás lesións provocadas nun accidente de tráfico rexistrado na AC-303, en Ribeira.

Segundo os datos recollidos no 112 Galicia, o vehículo no que viaxaba saíuse da vía e envorcou no lugar de Teira, en Corrubedo. Alí acudiron os profesionais sanitarios para estabilizar á cativa antes de que fose retirada da silla adaptada na que ía sentada. Para iso, desprazouse á zona unha dotación dos bombeiros da vila, en caso de necesitarse material extra para a súa extracción.

Finalmente, puideron sacar á nena en colaboración cos efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para trasladala ao Hospital do Barbanza, onde seguirá recibindo os coidados necesarios.

Cómpre indicar que este accidente rexistrouse ás 10:00 horas de hoxe, cando un veciño contactou co 112 Galicia para dar conta da situación e pedir axuda para a pequena.

Comentarios
Lo más