O BNG reitera en rematar a "estafa legalizada" da AP-9

O BNG reitera en rematar a "estafa legalizada" da AP-9
O BNG reitera en rematar a "estafa legalizada" da AP-9

Acabar coa estafa legalizada da AP-9 é unha das cuestións clave na axenda galega que o BNG defenderá ante o Estado para poñer fin á “discriminación” dos sucesivos gobernos do PP e do PSOE, que se alternan nun agravio que saquea os petos de 22.000 galegos e galegas que cada día usan a autoestrada, a terceira máis cara de toda a rede estatal.“Queremos deixar patente a indignación polas subidas continuas e desproporciondas das peaxes, -que en 2020 volver ser a de maior incremento-, e por iso mantemos un compromiso moi claro: conseguir a xestión da AP9 como primeiro paso para acabar coa estafa das peaxes e será un tema clave na axenda galega ante o Estado e, desde logo, vai condicionar a nosa actuación nos próximos días.

Acabar coa estafa legalizada da AP-9 é unha das cuestións clave na axenda galega que o BNG defenderá ante o Estado para poñer fin á “discriminación” dos sucesivos gobernos do PP e do PSOE, que se alternan nun agravio que saquea os petos de 22.000 galegos e galegas que cada día usan a autoestrada, a terceira máis cara de toda a rede estatal.

“Queremos deixar patente a indignación polas subidas continuas e desproporciondas das peaxes, -que en 2020 volver ser a de maior incremento-, e por iso mantemos un compromiso moi claro: conseguir a xestión da AP9 como primeiro paso para acabar coa estafa das peaxes e será un tema clave na axenda galega ante o Estado e, desde logo, vai condicionar a nosa actuación nos próximos días. Os que aspiran a gobernar no Estado teñen que ter claro que está é unha posición firme e sólida e non imos permitir que siga o trato discriminatorio con noso país”, salientou a portavoz nacional, Ana Pontón.

“É unha cuestión fundamental para a investidura e para a lexislatura porque afecta a miles de galegos e galegas que cada día son obrigadas a pasar pola caixa de AUDASA”, sintetizou.

A líder nacionalista salientou que desde 1977 as peaxes da AP-9 aumentaron un 1.800%, que desde que AUDASA ten a concesión a recadación ascende a 2.500 M€ e que en 2048, cando finalice, a cifra subirá a 14.500 M€. Destacou tamén que só tres autoestradas teñen a concesión máxima de 75 anos e dúas están en Galicia, AP9 e AP53.

A estafa legalizada das tarifas “tanto polo PP como polo PSOE”, denunciou, lastra as economías familiares e a competitividade das empresas e dos sectores produtivos do país. Así, citou como exemplo o sector do transporte: un camión que faga a ruta A Coruña-Vigo dúas veces ao día, algo moi frecuente, gasta en peaxes 2.832 € ao mes.

Pontón tamén fixo referencia á decisión “sangrante e inaceptable” de pechar o paridoiro e as urxencias pediátricas no Hospital de Verín adoptada polo presidente da Xunta, “actuando en contra dos dereitos das mulleres e dos dereitos da infancia”. O argumento de que non foi posible atopar profesionais para cubrir o servizo de atención especializada aos nenos e nenas de Verín non convence á dirixente do Bloque.

“Se Feixóo non é capaz de contratar pediatras que se faga a un lado, que dimita porque sería a maior proba da súa incompetencia”, salientou, tras parabenizar á veciñanza pola mobilización en defensa dos servizos sanitarios, “se o PP pensa que se van cansar equivócase”, augurou.

O BNG vai levar o asunto de novo ao Parlamento a través dunha proposición non de lei para debater e votar en Pleno, “unha segunda oportunidade para que Feixóo rectifique”. Neste sentido, a nacionalista fixo un chamamento aos deputados e deputadas por Ourense que, supostamente, discrepan da decisión do xefe do Executivo para que apoien cos seus votos a iniciativa nacionalista, “e que o Goberno da Xunta reciba un mandato claro do Parlamento”.


“O que pedimos é que poñan os intereses das mulleres e dos nenos e nenas de Verín por riba das siglas partidarias, que Baltar demostre a súa coherencia”, indicou Pontón en relación á suposta discrepancia do presidente provincial dos populares.


Comentarios
Lo más