Guillermo Carracedo, campión de España de Surf

Guillermo Carracedo, campión de España de Surf
Guillermo Carracedo, campión de España de Surf

Fillo do catedrático, Ángel Carracedo, está graduado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, seguindo o legado dos seus pais

Guillermo Carracedo proclamouse fai poucas horas campión de España no campionato de pádel surf celebrado en Fuerteventura. Este título chega despois de acadar a quinta posición no campionato do Mundo celebrado no Salvador, ademais de conseguiren ser subcampións do mundo coa selección española. Grandes triunfos para este amesán, que sigue recorrendo mundo e coleccionando triunfos coa súa táboa de surf.

Despois de acadar a quinta posición no Campionato do Mundo que tivo lugar no Salvador o pasado 4 de decembro, e de conseguiren ser subcampións do mundo coa selección española, Guillermo Carracedo chegou a Fuerteventura para sumar outro gran éxito á súa traxectoria: gañar o campionato de España. Unha final que foi literalmente, de 10, marcándose a máxima puntuación posible.

Aínda que non para de sumar éxitos neste deporte, Guillermo comezou máis ben tarde a practicalo cando xa tiña 17 anos. Aínda si, soe recalcar que para el o importante non son os anos que se levan practicando un deporte, senón as horas que se lle dediquen.

Fillo do catedrático, Ángel Carracedo, está graduado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, seguindo o legado dos seus pais. Actualmente, encóntrase estudando un máster en medicina deportiva, que combina coa súa paixón polo surf e o mar. 

Comentarios