O TSXG considera executada a sentenza que permite o uso turístico dos apartamentos de Samil 55

O TSXG considera executada a sentenza que permite o uso turístico dos apartamentos de Samil 55
O TSXG considera executada a sentenza que permite o uso turístico dos apartamentos de Samil 55

A sección segunda do Contencioso-administrativo do TSXG, polo tanto, rexeitou o recurso de reposición interposto contra o auto de xullo de 2019

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) considera que a sentenza sobre os apartamentos turísticos de Samil 55, que non serán demolidos, está “totalmente executada”. 

A sección segunda do Contencioso-administrativo do TSXG, polo tanto, rexeitou o recurso de reposición interposto contra o auto de xullo de 2019 no que acordaba o arquivo do incidente de execución de sentenza.

“Non hai un acto contrario aos pronunciamentos da sentenza”, indica o alto tribunal galego, que lembra ao recorrente que nesa sentenza “se contempla a posibilidade de que o inmoble se poida utilizar con fin hostaleiro, en lugar de proceder á súa demolición, prevendo incluso a realización de determinadas obras necesarias para a súa adaptación a ese fin”. 

Ademais, os maxistrados salientan que conta con licenza de obras de adaptación ao uso hostaleiro, licenza de actividade para uso hostaleiro e licenza de primeira ocupación.  

O Superior conclúe que “non se pode atribuir a relevancia que pretende a parte executante á esixencia do documento xustificativo do Rexistro da Propiedade da modificación/cancelación das inscricións rexistrais relativas ao uso como vivenda”. Así, destaca que é “unha realidade xa superada pola acreditación do uso turístico consecuencia do exame da documentación achegada”.

Comentarios