Comezan a chegar as chuvias a Compostela

Comezan a chegar as chuvias a Compostela
Comezan a chegar as chuvias a Compostela

En Compostela a temperatura mínima acadará os 6ºC e a máxima chegará aos 11ºC

O martes perderemos a influencia das altas presións coa chegada dunha fronte fría polo oeste a partir da segunda metade da xornada.

Así, amenceremos con poucas nubes en xeral, que serán de tipo alto. 

Co avance da tarde, aumentará a nubosidade polo oeste deixando precipitacions nas comarcas costeiras.

Á noite, as chuvias serán xeneralizadas. 

As temperaturas mínimas seguirán sen cambios significativos, mentres que as máximas ascenderán lixieramente. En Compostela a temperatura mínima acadará os 6ºC e a máxima chegará aos 11ºC.

Os ventos soprarán do suroeste moderados, con intervalos fortes no litoral norte, rolando a noroeste tralo paso da fronte.

Comentarios