Un camión perde parte na súa carga en Santiago ocasionando un accidente múltiple

Un camión perde parte na súa carga en Santiago ocasionando un accidente múltiple
Un camión perde parte na súa carga en Santiago ocasionando un accidente múltiple

Foron varias persoas particulares as que alertaron ao 112 Galicia do ocorrido uns minutos antes das 7:50 horas

Varios vehículos sufriron danos a primeira hora desta mañá en Santiago de Compostela despois de que un camión que circulaba pola AP-9 perdese parte da súa carga.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, polo menos tres vehículos remataron con danos ao impactar coa carga que transportaba o camión no punto quilométrico 66,500 da autoestrada, sentido norte, sen que ningunha persoa resultase ferida.

Foron varias persoas particulares as que alertaron ao 112 Galicia do ocorrido uns minutos antes das 7:50 horas.

A partir de aí, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, do servizo de mantemento da autoestrada e da Policía Local.

Comentarios
Lo más