O colectivo Fala Ceibe do Bierzo denuncian a falta de sinal da TVG na súa comarca

O colectivo Fala Ceibe do Bierzo denuncian a falta de sinal da TVG na súa comarca
O colectivo Fala Ceibe do Bierzo denuncian a falta de sinal da TVG na súa comarca

Explica Fala Ceibe nun comunicado que en varios lugares bercianos onde podía verse xa non chega o sinal

O colectivo cultural en defensa do uso do galego no Bierzo, Fala Ceibe presentou unha queixa ás institucións de Galicia e Castela e León, neste caso á Junta e á Xunta de Galicia, co fin de abrir unha nova negociación dun convenio para que as canles da Radio Televisión de Galicia poidan verse na comarca tras semanas nas que se suspendeu ese servizo.

Explica Fala Ceibe nun comunicado que en varios lugares bercianos onde podía verse xa non chega o sinal, pero ademais lembran que hai anos tamén chegaba a outras zonas onde se eliminou ao implantar a Televisión Dixital Terrestres.

Por iso reclaman, segundo o seu comunicado que "Junta de Castilla y León, Xunta de Galicia, Cortes de Castela e León, Parlamento de Galicia, Procurador del Común e Valedor do Pobo interveñan na resolución deste problema lingüístico".

Consideran que para normalizar a presenza do galego na comarca berciana resulta fundamental a súa difusión a través da televisión pública de Galicia.

Xustifica Fala Ceibe que hai normativa respecto diso, tanto por parte da Xunta de Galicia, cuxo ordenamento xurídico recoñece o apoio lingüístico aos territorios exteriores, e a Junta de Castilla y León, que recolle no seu Estatuto de Autonomía o "respecto e protección a lingua galega nos lugares en que habitualmente se utilice".

Comentarios
Lo más