Luís Villares critica a creación dunha universidade privada en Galicia por parte de ABANCA

Luís Villares critica a creación dunha universidade privada en Galicia por parte de ABANCA
Luís Villares critica a creación dunha universidade privada en Galicia por parte de ABANCA

Villares falou de competencia desleal esta creación, “despois de que Núñez Feijóo estivo asfixiando as universidades públicas nos últimos anos"

O voceiro de En Marea, Luís Villares, denunciou esta mañá a aprobación do anteproxecto de lei do goberno galego para a creación dunha universidade privada: “Opoñémonos tallantemente a aprobación de calquera universidade privada no noso país lugar porque pensamos que non fai falla, xa que temos un sistema público que é de sobra capaz de responder as necesidades educativas e de investigación que ten o noso país”.

Villares falou de competencia desleal esta creación, “despois de que Núñez Feijóo estivo asfixiando as universidades públicas nos últimos anos, impedindo o aumento de prazas e impedindo a creación de novas titulacións. Isto é totalmente inaceptable en termos educativos e de investigación”.

Hai unha serie de incumprimentos, incluso de carácter formal, que impediron a En Marea dar un voto favorable, xa que o que se presenta é unha información básica, sen memoria xustificativa da súa legalidade, sen memoria económica, sen informe do servizo xurídico e sen a táboa de vixencia nin de titulación, pero onte nada disto importou, “foi unha votación que o Partido Popular tiña ben amarrada. Os presidentes dos Consellos Sociais estanse situando do lado daqueles que van competir para destruír a Universidade Pública Galega. Desde a defensa da Universidade Pública, ao igual que contamos cos reitores poderiamos contar con eles, pero, por desgraza, isto non é así”.

Hai unha infracción no procedemento pero tamén da filosofía do sistema universitario público existente desde a autonomía que “obedece a estratexia clara de Núñez Feijóo de privatizar o sistema universitario galego e este é o corolario. O que non queremos é que os bancos vampiricen a universidade nin que os políticos degraden a universidade pública” continuou.

Abanca vén agora a competir coa universidade pública despois de ser rescatada por todos os galegos e as galegas: “isto non é menor, os 9 mil millóns de euros do rescate que non imos recuperar serven agora para competir de xeito desleal coa universidade pública”.

O voceiro anunciou dúas medidas, a primeira que En Marea manterá a súa oposición a este anteproxecto e, a segunda, unha modificación da Lei que regula o sistema universitario galego, que prevé que as universidades de nova creación formen parte do sistema e, por tanto, do Consello que decide sobre as cuestións máis importantes. A reforma solicitará que as universidades privadas non participen deste Consello e poidan ter voz e voto que afecten a viabilidade e ao futuro do sistema universitario galego.

Luís Villares tamén amosou a súa desaprobación da nova subida das peaxes na AP9, a autoestrada máis cara do Estado e culpou ao anterior goberno dunha situación que agora pagamos todos: “A culpa de que paguemos máis é de Mariano Rajoy e Ana Pastor. Ana Pastor como presidenta do Congreso vetou ata en catro ocasións que se puidese discutir unha posición unánime do Parlamento Galego, unha Proposición de Lei para a transferencia da AP9 para que nós tivésemos competencias para establecer os topes na subida das peaxes”.

O PP estivo vetando este debate, por tanto “son os responsables e as responsables as que deben asumir o pago da diferencia, deste sablazo que lastra a mellora da economía das familias e das empresas”.

En Marea defende unha AP9 pública e gratuíta. Nesa liña aposta por rescatar a súa xestión cos cartos destinados a construción da A57, somos a única forza política galega que neste momento está dicindo isto esta posición e que aporta unha solución: “por isto solicitamos a comparecencia da Conselleira para que lle poidamos explicar do onde teñen que saír os cartos para rescatala e quen debe pagar ese sobrecoste”.

Comentarios
Lo más