Picadiscos MariFaltri chega este venres ao Pazo da Peregrina

Picadiscos MariFaltri chega este venres ao Pazo da Peregrina
Picadiscos MariFaltri chega este venres ao Pazo da Peregrina

Estará no Pazo da Peregrina de Bertamiráns a partir das 18:00 horas, onde pinchará música infantil para os máis pequenos da casa

O Picadiscos MariFaltri chega ao Concello de Ames o próximo venres 13 de decembro. Estará no Pazo da Peregrina de Bertamiráns a partir das 18:00 horas, onde pinchará música infantil para os máis pequenos da casa. Para asistir á actividade é necesario inscribirse enviando un correo electrónico a normalizacion@concellodeames.gal .

O departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ames, a través do programa Apego, ten programado para o próximo venres 13 de decembro unha sesión de discoteca con música infantil para que os cativos e cativas non deixen de cantar e bailar, ao tempo que aprenden cancións da man dos libros da minibiblioteca ambulante de MariFaltri.

María Faltri é un dos novos nomes de referencia dentro da música infantil galega, a vocalista da Banda das Apertas de Magín Blanco chega agora cun espectáculo orixinal e sorprendente: unha picadiscos de música infantil. Durante o seu espectáculo María brindaralle aos cativos e cativas unha escolla da mellor música infantil galega para que non deixen de cantar e bailar. María ten tamén unha ampla experiencia no mundo da animación cultural, un ingrediente perfecto para que o público miúdo xogue, se divirta e…por que non, aprenda as cancións da man dos libros da súa mini biblioteca ambulante.

As prazas son limitadas, polo que é necesario a inscrición previa, dispoñible ata o 12 de decembro. Para levala a cabo, é necesario enviar un correo electrónico a normalizacion@concellodeames.gal.

Comentarios