As súas maxestades de Oriente visitarán as parroquias de Ribeira no bus real

As súas maxestades de Oriente visitarán as parroquias de Ribeira no bus real
As súas maxestades de Oriente visitarán as parroquias de Ribeira no bus real

O autocar en cuestión está decorado con motivos navideños e o lema “Os Reis Magos viaxan coa Tarxeta Riveira Move”

Dende onte martes circula polas estradas do municipio o Bus Real: unha iniciativa que, por segundo ano, pon en marcha o Concello coa colaboración do Grupo Ferrín coa fin de promocionar o programa Ribeira MOVe ao tempo que se brinda á veciñanza a posibilidade de achegar o domingo 5 de xaneiro a todas as parroquias ás Súas Maxestades de Oriente, antes da cabalgata pola cidade.

A iniciativa foi presentada onte no Malecón pola concelleira de Cultura, María Sampedro; o seu compañeiro de Mobilidade Cidadá, Víctor Reiriz; e Manuel Ferrín como responsable da citada compañía de transporte.

O autocar en cuestión está decorado con motivos navideños e o lema “Os Reis Magos viaxan coa Tarxeta Riveira Move”. Ademais, o rei Melchor sostén unha das tarxetas azuis Riveira Move que, grazas á subvención do Concello, fan que cada desprazamento para o usuario custe 1€, descontando 30 ou 40 céntimos dependendo da liña sobre o prezo real.

No domingo 5 de xaneiro, o Bus Real, cos Reis Magos de Oriente a bordo, visitarán as parroquias segundo este horario:

- Corrubedo: Rúa das Delicias, ás 10 horas

- Olveira: Casa da Cultura, ás 10.45 horas

- Oleiros: Centro Social, ás 11.30 horas, con visita ao Hospital da Barbanza

- Palmeira: Porto, ás 12.30 horas

- Castiñeiras: Porto, ás 13.30 horas

- Aguiño: Aula de música, ás 16 horas

- Carreira: Capela da Guía, ás 16.45 horas

- Artes: Centro Recreativo, ás 17.30 horas

Ese sinalado día, As Súas Maxestades repartirán caramelos e sortearán un agasallo sorpresa entre toda a cativada que os vaia recibir nestas paradas.

Comentarios
Lo más