Ames celebra un Encontro Intercultural de Nadal este sábado en Bertamiráns

Ames celebra un Encontro Intercultural de Nadal este sábado en Bertamiráns
Ames celebra un Encontro Intercultural de Nadal este sábado en Bertamiráns

Este sábado, a partir das 17.00 horas, celebrase en Ames un novo Encontro Intercultural con motivo das festas do Nadal nunha carpa habilitada no aparcadoiro de A Telleira

Este sábado 14 de decembro, a partir das 17:00 horas, celebrase en Ames un novo Encontro Intercultural con motivo das festas do Nadal, nunha carpa habilitada no aparcadoiro de A Telleira. Ademais da degustación de pratos típicos de diferentes nacionalidades, os asistentes poderán desfrutar de obradoiros e música do Nadal, ademais de poder presenciar a inauguración da Exposición acerca dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible cedida polo Fondo Galego de Cooperación.

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Ames invita á toda a veciñanza a asistir a un novo Encontro Intercultural este sábado 14 de decembro. Os que así o fagan, poderán degustar de sobremesas típicos de diferentes nacionalidades realizados por veciños e veciñas de Ames, procedentes de Marrocos, Timor Oriental, Bosnia, Angola, Colombia, Brasil, Guatemala e Venezuela. Asemade, haberá obradoiros de galletas e decoración de Nadal, para compartir unha tarde agradable entre veciños.

Ademais, está programada a inauguración e presentación da exposición fotográfica “Os obxectivos do desenvolvemento sostible. Un camiño para acabar coa pobreza e as desigualdades aquí e acolá” do Fondo Galego de Cooperación Internacional. Unha exposición acerca dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, cedida para que os veciños de Ames a poidan desfrutar que estará dispoñible en diferentes datas en distintos lugares do Concello.

A tarde estará amenizada por música de Nadal procedente de diferentes países que se encontran representados no noso Concello, e ademais, repartirase chocolate quente con rosca entre os asistentes. 

Comentarios
Lo más