Excarceran a un condutor ao chocar o seu vehículo cun quad

Excarceran a un condutor ao chocar o seu vehículo cun quad
Excarceran a un condutor ao chocar o seu vehículo cun quad

Os feitos sucederon na LU-546, no punto quilométrico 4, ao fío das 23:00 horas

Un home que circulaba nun quad resultou ferido a pasada noite no Corgo ao colidir contra un turismo. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o condutor ferido tivo que ser excarcerado polos Bombeiros de Sarria, ao quedar atrapado debaixo do coche, para que fose atendido polos servizos sanitarios.

Os feitos sucederon na LU-546, no punto quilométrico 4, ao fío das 23:00 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do accidente.

Nada máis ter constancia, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Sarria, da Garda Civil de Tráfico, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e do servizo de mantemento da estrada.

Comentarios