A Fiscalía de Galicia inhibise polo peche do paritorio de Verín e traslada o caso aos xulgados de Ourense

A Fiscalía de Galicia inhibise polo peche do paritorio de Verín e traslada o caso aos xulgados de Ourense
A Fiscalía de Galicia inhibise polo peche do paritorio de Verín e traslada o caso aos xulgados de Ourense

O fiscal Fernando Suanzes conclúe que as denuncias por feitos delituosos ocorridos na comunidade corresponden "como regra xeral" ás "fiscalías provinciais

A Fiscalía Superior de Galicia inhibiuse no caso polo peche do paritorio, a denuncia do Defensor do Paciente, e remitiu a Ourense a investigación para que efectúe as acusacións que considere oportunas.

A representante da entidade, Carmen Flores, presentou o pasado 3 de decembro unha denuncia ante a Fiscalía tras a decisión do Goberno galego de pechar o paritorio, trasladando ás embarazadas a cen quilómetros de distancia, no que supón "un risco para a súa integridade".

Ao día seguinte, o Fiscal Superior procedeu á incoación das pertinentes dilixencias de investigación que tiñan como obxecto determinar as accións oportunas.

Segundo o escrito facilitado polo Defensor do Paciente, o fiscal Fernando Suanzes conclúe que as denuncias por feitos delituosos ocorridos na comunidade corresponden "como regra xeral" ás "fiscalías provinciais".

Neste caso, indica que "non consta a existencia de persoas que teñan condición de aforadas ante a Xurisdición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia", motivo polo cal remite estes feitos ante a Fiscalía provincial de Ourense.

O Defensor do Paciente solicitara ao Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes, a súa "intervención" en plenas protestas polo peche do paritorio ao entender que o peche pode "poñer en risco" a integridade física das parturientas e dos bebés ao ter que desprazarse distancias nalgún caso superiores aos cen quilómetros.

Comentarios
Lo más