O condutor que provocou o falecemento dunha moza no Pino será imputado por homicidio

O condutor que provocou o falecemento dunha moza no Pino será imputado por homicidio
O condutor que provocou o falecemento dunha moza no Pino será imputado por homicidio

O condutor saíuse da vía coa que circulaba co vehículo e envorcou na madrugada do pasado 8 de decembro

O condutor do vehículo no que faleceu unha moza a pasada fin de semana no Pino foi imputado por conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas e por homicidio por imprudencia, informa a Garda Civil.

O xulgado de Arzúa tramitará as dilixencias deste caso no que o home fora controlado con niveis de 0,50 e 0,54 miligramos de alcol por litro de aire expirado, moi por encima do límite legal de 0,25 miligramos.

O condutor saíuse da vía coa que circulaba co vehículo e envorcou na madrugada do pasado 8 de decembro, preto da discoteca Dona Dana.

Outra moza sufriu feridas como consecuencia do sinistro, do que o condutor saíu ileso.

Comentarios
Lo más