Buscan a un home que puido caer ao río Tambre no concello de Oroso

Buscan a un home que puido caer ao río Tambre no concello de Oroso
Buscan a un home que puido caer ao río Tambre no concello de Oroso

Foi un particular quen alertou dos feitos ao 112 Galicia pasados uns minutos das 10:00 horas

Os servizos de emerxencia atópanse na procura dunha persoa que puido caer ao río Tambre en Oroso.

Foi un particular quen alertou dos feitos ao 112 Galicia pasados uns minutos das 10:00 horas. Indicaba no seu relato que vira como unha persoa caera á auga e era levada pola corrente.

A partir de aí púxose en marcha un operativo de busca, coordinado pola Garda Civil e a Policía Nacional, no que están a colaborar os Bombeiros de Santiago, pola marxe compostelá do río, os Bombeiros de Ordes, a Policía Local de Oroso e os voluntarios de Protección Civil da localidade e Santiago.

Comentarios
Lo más