Toni Nadal, adestrador e tío de Rafa Nadal, visita hoxe Santiago

Toni Nadal, adestrador e tío de Rafa Nadal, visita hoxe Santiago
Toni Nadal, adestrador e tío de Rafa Nadal, visita hoxe Santiago

A conferencia celebrarase no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela, ás 20:00 horas

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza hoxe xoves, 12 de decembro, unha conferencia inspiradora e motivacional, titulada “Todo se puede entrenar”. Trátase dunha sesión de coaching impartida polo coñecido adestrador de tenis Toni Nadal, que desvelará algunhas das súas claves como adestrador, nunha narración mesturada con anécdotas da súa andaina durante case tres décadas co seu sobriño Rafa Nadal.

A conferencia celebrarase no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela, ás 20:00 horas, patrocinada por diversas empresas do sector TIC: R, Hewlett Packard Enterprise (HPE), Taisa, VMware, Minsait-Indra DXC, Pure Storage e Everis. Asistirán máis de 200 persoas, entre profesionais do sector e colexiados e colexiadas do CPEIG.

Nesta era onde a tecnoloxía forma parte de todas as esferas da vida, é preciso reflexionar e establecer novas metas e propósitos profesionais, respectando o uso ético das novas tecnoloxías, sempre a favor das persoas, a igualdade e a mellora da calidade de vida. Na súa intervención, o que fora adestrador dun dos grandes tenistas de todos os tempos, Rafa Nadal, fará un repaso por todos os principios que inspiran o seu exitoso método, comezando pola defensa da formación do carácter fronte á formación técnica, como pilar indispensable do triunfo: “Todo lo que facilita las cosas en exceso, debilita, y eso es lo que ocurre hoy con las tecnologías, que han sustituido la parte esencial del ser humano, que es su mente”. 

Ademais da súa faceta deportiva, a Toni Nadal sempre lle gustou máis definirse como “formador”, xa que sempre considerou que na formación de calquera deportista é fundamental traballar tres aspectos: o traballo técnico, a formación do carácter e a formación en valores.

Actualmente, Toni Nadal compatibiliza o seu labor como Head of Rafa Nadal Academy coa súa faceta pedagóxica ou de conferenciante, con charlas dirixidas a adestradores deportivos, mozos e mozas e empresas. Nas súas conferencias fala sobre xestión da adversidade, superación e valores. Os valores e a filosofía que conforman a personalidade de Toni Nadal son, entre outros: a autoesixencia, o respecto, o esforzo, o compromiso, a mellora constante e non sobrevalorar os éxitos nin magnificar as derrotas. Tamén considera fundamental aceptar a realidade, como punto de partida para alcanzar uns propósitos concretos, ademais de ter capacidade de aguante e sentido de autocrítica. “Nunca una excusa nos hizo ganar un partido” –destaca–.

Comentarios
Lo más