Continúa a búsqueda do hombre desaparecido no río Tambre, no concello de Oroso

Continúa a búsqueda do hombre desaparecido no río Tambre, no concello de Oroso
Continúa a búsqueda do hombre desaparecido no río Tambre, no concello de Oroso

Ocorreu ás 10:00 horas de onte, tal e como indicaron testemuñas do suceso a través das súas chamadas ao 112 Galicia

Os membros do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) sumáronse ao operativo de busca activado onte á mañá no río Tambre por mor dunha persoa que puido caer á auga.

Ocorreu ás 10:00 horas de onte, tal e como indicaron testemuñas do suceso a través das súas chamadas ao 112 Galicia. Segundo explicaron, a persoa estaba a ser arrastrada pola corrente desde o refuxio de pesca de Sigüeiro, en Oroso. 

Deste xeito, púxose en marcha un operativo de busca e rescate coordinado polos axentes da Garda Civil e Policía Nacional e ao que se sumaron ao longo da tarde os membros do Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA co equipo de drons e un vehículo anfibio especialmente dotado para desprazarse por zonas de baixo-medio caudal. Isto permitiu dar apoio a dous rescatadores que se meteron na auga co obxectivo de realizar o mesmo percorrido que puido facer a persoa cando era arrastrada pola corrente.

Ademais do equipo da AXEGA, no operativo traballan axentes da Policía Nacional e Garda Civil, Bombeiros de Ordes e Santiago, voluntarios de Protección Civil e mesmo o GES de Brión, que achegou unha embarcación. Sen embargo, de momento, todos os esforzos resultaron negativos.

Comentarios
Lo más