Adxudican a pavimentación dos camiños no lugar dos Areeiros

Adxudican a pavimentación dos camiños no lugar dos Areeiros
Adxudican a pavimentación dos camiños no lugar dos Areeiros

Os viales están emprazados nas inmediacións da estrada DP 7307 que une Riveira e Aguiño ao seu paso pola parroquia de Castiñeiras

O Concello de Ribeira informa da adxudicación dunha actuación consistente na pavimentación de sete camiños situados no lugar dos Areeiros.

Os viales están emprazados nas inmediacións da estrada DP 7307 que une Riveira e Aguiño ao seu paso pola parroquia de Castiñeiras e, aínda que presentan un firme de aglomerado, atópanse en mal estado.

Con tal motivo, estenderase nos cinco camiños (de 132, 12, 24, 37, 29, 54 e 70 metros de lonxitude) unha mestura bituminosa en quente de 6 centímetros de espesor. As tapas e rexillas serán recrecidas ata a nova cota.

A obra foi adxudicada á empresa Nemesio Ordóñez, S.A., e supón un investimento de 22.958 euros.

O prazo de execución é dun mes e medio

Comentarios