Ferido un operario en Mos tras sufrir un golpe mentres traballaba

Ferido un operario en Mos tras sufrir un golpe mentres traballaba
Ferido un operario en Mos tras sufrir un golpe mentres traballaba

Pasados uns minutos despois das 23:15 horas da noite, un compañeiro do home ferido solicitaba ao 112 Galicia asistencia médica

Un operario resultou ferido de consideración despois de sufrir un golpe mentres traballaba nunha nave industrial situada no Camiño Cebral, en Mos.

Pasados uns minutos despois das 23:15 horas da noite, un compañeiro do home ferido solicitaba ao 112 Galicia asistencia médica para un traballador que caera tras sufrir un golpe na cabeza.

Acto seguido, os axentes do Centro Integrado de atención ás emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaron o aviso ao Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil e a Protección Civil da localidade, que confirmaron, finalmente, que o ferido fora trasladado a un centro hospitalario.

Comentarios