Un incendio deixa danos nunha casa e noutra lindeira no Porriño

Un incendio deixa danos nunha casa e noutra lindeira no Porriño
Un incendio deixa danos nunha casa e noutra lindeira no Porriño

Os feitos sucederon na rúa de Fernández Areal, á altura do número 14, ao fío das 20:45 horas

Un incendio declarado a pasada noite nunha casa unifamiliar no Porriño deixou danos na vivenda e noutra lindeira, sen que se rexistrasen danos persoais. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, no inmoble unifamiliar ardeu o salón e finalizou totalmente afectado polo fume e con danos na estrutura. Por outra banda, a casa lindeira viuse afectada pola fumareda causada no incendio.

Os feitos sucederon na rúa de Fernández Areal, á altura do número 14, ao fío das 20:45 horas. Nese momento, unha persoa particular alertaba do lume ao 112 Galicia.

Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros do Porriño e de Vigo, da Policía Local, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Porriño.

Segundo puido saber o 112 Galicia, as labores de extinción do lume finalizaron uns minutos despois das 22:45 horas.

Comentarios