Alba Torres: "É un partido importante para nós é temos que ir a por todas"

Alba Torres: "É un partido importante para nós é temos que ir a por todas"
Alba Torres: "É un partido importante para nós é temos que ir a por todas"

O Victoria FC pecha a primera volta na 1.ª Nacional Femenina este sábado (17.00 horas) recibindo en Santa Isabel ó Deportivo Abanca B co segundo posto da clasificación en xogo 

O Victoria FC disputa este sábado (17.00 horas) o último partido da primeira volta na 1.ª Nacional Femenina recibindo no campo de Santa Isabel ó Deportivo Abanca B co obxectivo de encadear a cuarta vitoria consecutiva e sumar tres novos puntos que lle permitan ascender ata a terceira posición da táboa. Con só dous puntos de diferenza entre o conxunto santiagués (4.º con 23) e o herculino (3.º con 25) o partido promete emocións fortes entre dúas das plantillas que mellor fútbol practican nesta categoría.

Así o entende unha das veteranas do Victoria FC, Alba Torres (10-02-1996) que confirma que o equipo compostelán chega ao encontro "animicamente moi ben despois dos tres partidos seguidos gañando e iso tense que notar, ademais xogamos na casa e hai que facerse fortes no noso campo". A centrocampista confirma que o rival "é un equipo moi forte, novato na categoría pero se está aí arriba é porque o merece" pero "é un partido importante para nós é temos que ir a por todas".

Con só dous puntos de distancia na clasificación entre o Victoria FC e o Dépor B, empatados en goles a favor (32) e en contra (12) entende Alba que as compostelás deben facer valer "a forza do conxunto, sabemos a qué xogamos, iso é importante, todas cremos en que debemos intentar facer un bo xogo para ter o maior número de ocasións para así convertelas en gol e iso ó final nótase". "É verdade que perdimos puntos na casa que non deberiamos ter deixado escapar, porque nos faltou intentalo, competilo, que tamén fai falla pois non só chega con facer un bo xogo se non compites", acepta a xogadora que cumpre o seu quinto ano no clube. "Pero vimos dos tres triunfos e con máis gañas que nunca de volver a gañar", engade.

A xornada terá tamén outro gran duelo co enfrontamento entre o primero clasificado da Liga, o Viajes Interrías (33 puntos) e o segundo, o CD Monte (28) o que permitirá ó vencedor en Santa Isabel poder acercarse se cabe tamén ó grupo de cabeza. "Ambos equipos son fortes, fan moi ben as cousas e seguro será un partido moi bonito", acepta Alba que sen embargo dí que é pronto para dicir "quen é o mellor equipo da Liga".

A centrocampista do Victoria FC anima á xente a acercarse ata Santa Isabel a "animar, a disfrutar dun bo partido, que aquí tamén temos fútbol feminino do bo". "Nós intentaremos gañar e recortar puntos cos de arriba", insiste e para iso sabe que "hai que seguir xogando na mesma liña dos últimos partidos, dar o máximo, deixarémonos todo no campo, e ó final se facemos o que sabemos, con convicción e a tope lograremos o triunfo". 

Comentarios
Lo más