Chuvias para despedir a semana

Chuvias para despedir a semana
Chuvias para despedir a semana

En Compostela a temperatura mínima acadará os 11ºC e a máxima os 13ºC

O venres Galicia quedará nun réxime de ventos do oeste que traerán moita humidade.

Así, agárdase unha xornada de ceos cubertos, con chuvias probables en calquera punto, máis persistentes na franxa atlántica e máis ocasionais nas provincias de Lugo e Ourense. 

As temperaturas mínimas experimentarán un notable ascenso mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 11ºC e a máxima os 13ºC.

O vento soprará de compoñente oeste, con intervalos fortes no terzo norte.

Comentarios
Lo más