Corte de tráfico na rúa da Ponte Vella

Corte de tráfico na rúa da Ponte Vella
Corte de tráfico na rúa da Ponte Vella

Os turismos poderán circular pola urbanización, que na actualidade ten a circulación nun só sentido, pero que polas obras se converte nunha rúa de dobre dirección

Con motivo da realización de obras na rede de subministración eléctrica, dende mañá venres 13 de decembro (a partir das 8:00 horas) e ata o martes 17 de decembro, vai permanecer cortada ao tráfico a rúa da Ponte Vella de Vidán, no tramo entre a rotonda de Filgueira Valverde e o cruce coa rúa da nova urbanización existente neste punto (tramo duns 200 metros).

Os turismos poderán circular pola urbanización, que na actualidade ten a circulación nun só sentido, pero que polas obras se converte nunha rúa de dobre dirección. 

Pola contra, o autobús da liña P2 do transporte urbano será desviado por Laraño para salvar ese tramo e volver ao percorrido habitual. Esta liña desviarase nos dous sentidos de circulación: dende a rotonda de Vidán irá pola AC-543 (estrada de Noia), rúa da Xunlla e Reiboó, retomando o seu itinerario en Casal.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas (nos dous sentidos de circulación): rúa da Ponte Vella (paradas 477 e 478), Amañecida (paradas 38 e 39) e igrexa de Laraño (paradas 291 e 292).

Comentarios