A marea de Touro propón que o concello organice a cea de Nadal e Noiteboa para os maiores que viven sós

Queren propoñerlle ó goberno municipal unha iniciativa orientada a darlle o trato que se merecen os maiores do concello

O principal grupo da oposición apunta que moitos maiores viven sós no concello e algúns deles non teñen familiares que os acompañen en datas significadas como a noiteboa ou o fin de ano. 

Por este motivo queren propoñerlle ó goberno municipal unha iniciativa orientada a darlle o trato que se merecen os maiores do concello, sen os cales non se entendería o presente e futuro do mesmo apuntan. 

Por iso propoñen que se organicen ceas ámbolos dous días mencionados, sufragando a administración local os gatos derivados do servizo de comidas e o transporte requerido.

CENTRO DE DÍA

Esta semana tamén tivo lugar a comisión para decidir a asignación dos fondos do plan de obras e servizos (POS) da deputación, que se debatirá en pleno próximamente. A marea propón que a totalidade dos fondos se adiquen a crear un centro de día na capital municipal, xa que consideran que é unha necesidade básica e urxente.

Comentarios
Lo más