En Marea critica fortemente o peche do paritorio despois do primeiro parto tras o peche do servizo

En Marea critica fortemente o peche do paritorio despois do primeiro parto tras o peche do servizo
En Marea critica fortemente o peche do paritorio despois do primeiro parto tras o peche do servizo

O voceiro de En Marea, Luís Villares, manifestou o seu malestar cunha decisión totalmente errada

Onte unha muller deu a luz de urxencia no Hospital Comarcal de Verín e foi separada do seu fillo nada máis nacer, para ser trasladado ao Hospital de Ourense pola falta de pediatra no momento do seu nacemento.  Con esta actuación púxose en risco a unha nai e a un fillo que veu ao mundo de xeito natural e confirmou que por unha mala decisión política incurriuse nunha mala praxe pediátrica,  a de separar ao meniño e a súa nai nada máis nacer, cando estaba en primeira lactancia vital.

O voceiro de En Marea, Luís Villares, manifestou o seu malestar cunha decisión totalmente errada, pois “é inmoral que para aforrar cartos e poder beneficiar aos ricos coas rebaixas de impostos se peche de forma indecente o paritorio con consecuencias como as que estamos vendo”. 

O feito é que a separación da nai e do neonato está totalmente desaconsellada pola Organización Mundial da Saúde, por Unicef, polo Ministerio de Sanidade, pola Sociedade Española de Pediatría, pola Asociación de Matronas e por practicamente todos os protocolos a nivel mundial de atención ao parto. 

Segundo Villares a Xunta aínda está a tempo de escoitar a cidadanía e ao seu propio partido en Ourense e rectificar nunha decisión totalmente errada: “o desta noite é a consecuencia dunha decisión inadecuada e errada pedímoslle a Núñez Feijóo que rectifique de forma inmediata. Que ten que pasar para que se rectifiquen as decisións erróneas da Xunta de Galicia? Foron vulneras todas estas prescricións medicas pediátricas para aplicar unha decisión política de violencia institucional contra as mulleres e contra os recén nacidos. Hoxe vimos un acto de inhumanidade e inmoral cuxo máximo responsable é Núñez Feijóo.” 

Comentarios
Lo más