Confirman a condena de tres anos de cárcere a un home que agrediu a outro cun vaso en Vilalba

Confirman a condena de tres anos de cárcere a un home que agrediu a outro cun vaso en Vilalba
Confirman a condena de tres anos de cárcere a un home que agrediu a outro cun vaso en Vilalba

O imputado, segundo a sentenza, arroxoulle un vaso de cristal á cara durante unha discusión

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirma a condena de tres anos de cárcere e o abono dunha indemnización de 20.361 euros que a Audiencia Provincial de Lugo lle impuxo a un home que agrediu a outro á saída dun pub de Guitiriz (Vilalba).

O imputado, segundo a sentenza, arroxoulle un vaso de cristal á cara durante unha discusión. O TSXG salienta que a valoración da proba  testifical “está encomendada a quen presenciou a súa práctica” e, polo tanto, destaca que non pode “alterar esa valoración, salvo que se  reputase absurda, que non é o caso”.

Comentarios