Un accidente entre dous vehículos deixa tres persoas feridas en Lugo

Un accidente entre dous vehículos deixa tres persoas feridas en Lugo
Un accidente entre dous vehículos deixa tres persoas feridas en Lugo

O accidente tivo lugar na estrada N-VI ás once da pasada noite

Os servizos de emerxencia liberaron a tres persoas que resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos, en Lugo.

O accidente tivo lugar na estrada N-VI ás once da pasada noite, momento no que un particular chamaba ao 112 Galicia para solicitar asistencia sanitaria para os ocupantes dos turismos. Indicaba que, posiblemente, poderían estar atrapadas no seu interior.

Decontado, os xestores do 112 Galicia poñían o suceso en coñecemento dos profesionais sanitarios, dos Bombeiros de Lugo e dos axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local.

Unha vez rematados os traballos, os bombeiros confirmaron ao 112 Galicia que foi preciso o uso do material de excarceración para liberar ás tres persoas feridas.

Comentarios
Lo más