Arde unha palleira en Santa Comba

Arde unha palleira en Santa Comba
Arde unha palleira en Santa Comba

Os feitos sucederon no lugar da Cabreira, na parroquia de Arantón, uns minutos antes das 5:30 horas

Un incendio declarado esta noite nun alpendre con rolos de herba seca e un tractor no seu interior en Santa Comba provocou danos na construción, sen que ningunha persoa resultase ferida.

Os feitos sucederon no lugar da Cabreira, na parroquia de Arantón, uns minutos antes das 5:30 horas.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar do incendio e, decontado, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Xallas, do Servizo Municipal de Protección Civil de Santa Comba e da Garda Civil.

Arestora, os servizos de emerxencias están removendo os restos dos rolos herba que arderon e o incendio atópase controlado.

Comentarios