Unha colisión múltiple deixa a unha persoa ferida na Coruña

Unha colisión múltiple deixa a unha persoa ferida na Coruña
Unha colisión múltiple deixa a unha persoa ferida na Coruña

O 112 Galicia recibiu a chamada de alerta de varios particulares informando dunha colisión múltiple neste punto da cidade

Un accidente entre tres vehículos deixou a unha persoa ferida ao mediodía de onte. Os feitos tiveron lugar ás 15:00 horas de onte na Avenida Alcalde Alfonso Molina.

O 112 Galicia recibiu a chamada de alerta de varios particulares informando dunha colisión múltiple neste punto da cidade. Segundo as testemuñas do accidente, unha persoa necesitaba asistencia sanitaria tras o impacto entre os turismos.

Decontado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros da Coruña, dos axentes da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Comentarios