Triunfo e liderato provisional para o Compos

Triunfo e liderato provisional para o Compos
Triunfo e liderato provisional para o Compos

Nova victoria de Compos ca portería a cero que o coloca líder provisional da Terceira 

 
Pontellas 0 2 Compostela
 

Os primeiros minutos do encontro puxeron as cartas sobre a mesa, o Compos saíu desde o inicio ao ataque. Rondaron a área rival e tiveron unha falta moi perifosa na frontal da área que mandou fóra Pablo Antas. Non tardou en chegar o gol da esedé. Marcou Sanmartín. O mediapunta rematou á perfección o centro de Gabri Palmás, pero o liña levantou a bandeirola e foi anulado.

No 20', novamente rozaron o tanto os branquiazuis. Pase longo para Brais Abelenda, este deixou o balón de cara e Pablo Antas topouse co ferro que evitou o primeiro tanto da tarde. Xusto despois, disparo desde a frontal da área de Jimmy, tralo rexeite dun córner, que se marchou pegadiño ao poste da portería local. Buscaba abrir a lata dos goles a esedé que chamaba con insistencia á porta do gol. 

Volveuno tentar cun remate de cabeza Pablo Antas á saída dun córner, que se marchou arriba. Antes Primo non puido chegar antes que o porteiro, no man a man.  A pesar das intentonas da esedé, non conseguiu perforar a meta do Pontellas nos primeiros 45 minutos de xogo. Co 0-0 no marcador chegábase ao descanso en San Campio.

Na segunda metade, de novo a esedé tivo varias ocasións claras. A primeira sería no 55' con un balón que se paseou pola área pequena de Toni sen atopar rematador branquiazul. Pouco despois tería unha ocasión clara Sanmartín, pero o seu tiro cruzado coa perna esquerda foise fóra. Uns primeiros avisos aos que seguiu unha dobre ocasión clara. Primeiro, Brais Abelenda mandou fóra un balón morto na área e na seguinte xogada Primo enviou ás mans do porteiro un servicio do propio Brais. 

Tanto vai o cántaro á fonte que chegou o merecido tanto para os composteláns. Falta botada por Pablo Antas rasa para Soto, o central levantou a cabeza e deu o pase da morte para que Grabi Palmás, a pracer, mandase a pelota ao fondo da rede.

No 80' chegaría o segundo tanto para os visitantes. Golazo do pichichi branquiazul. Vaselina de Brais Abelenda por encima de Toni, para ampliar a vantaxe. 

Co partido resolto, non deixou o Compos de buscar o terceiro que tivo no último suspiro cunha xogada de contraataque. Deixoulla Primo para Brais Abelenda no man a man, pero esta vez Toni gañoulle a partida ao de Bembibre. 

Con esta victoria a esedé colócase líder provisional e o seu gardameta Pato Guillén bate récord de imabibilidade. 

Ficha técnica
Pontellas: Toni; Pablo Fernández, Elías, Lucas, Edu Rodríguez; Diego Blanco, Telmo; Berto, Michael, Taboada; Álex Fernández
Compostela: Pato, Saro, Jimmy, Álvaro Casas, Soto, Baleato, Primo, Pablo Antas, Gabri Palmás, Hugo Sanmartín y Brais Abelenda
Goles: 0-1, min 60: Gabri Palmás. 2-0, min 80: Brais Abelenda
Árbitro: Sergio Espasandín. Amonestó a Pablo Fernández (min 18), Edu Rodríguez (min 30), Michael (min 32), Primo (min 67)
Incidencias: Partido correspondiente a la décimosexta jornada del Grupo I de Tercera disputado en San Campio
 
Comentarios