Noriega insta o concello a presentar alegacións contra o proxecto de explotación de Miramontes

Noriega insta o concello a presentar alegacións contra o proxecto de explotación de Miramontes
Noriega insta o concello a presentar alegacións contra o proxecto de explotación de Miramontes

O portavoz de Compostela Aberta, Martiño Noriega, instou o goberno local a presentar alegacións contra o novo proxecto de explotación da canteira de Miramontes, en Grixoa; algo que o rexedor santiagués, Xosé Sánchez Bugallo, asegura xa facer. 

Nunha rolda de prensa celebradas no Pazo de Raxoi, o exalcalde compostelán Martiño Noriega avanzou a presentación dunha moción no pleno municipal para que o concello presente alegacións ao proxecto dunha planta de valoración de residuos na antiga canteira de Miramontes.


"Este proxecto agrava o conflito orixinado polo mal chamado Complexo Ambiental de Miramontes, un espazo no que conviven unha planta de tecnosolos, un vertedoiro de residuos e unha canteira; e que xera múltiples impactos ambientais como cheiros, contaminación de arroios, verteduras ou tráfico de camións", sinalou.

Así mesmo, apuntou que a documentación do proxecto "non garante" a seguridade dada "a acumulación de actividades contaminantes na canteira, a falta de accesos adecuadas e a situación xurídica de Miramontes".

SÁNCHEZ BUGALLO

Noutra rolda de prensa celebrada horas despois da convocada polo grupo de Compostela Aberta, Bugallo indicou que ademais das alegacións dos veciños de Miramontes, eles tamén as presentaron. Engadiu que eles "constatan" que si hai contaminación e solidarízanse cos afectados.

O alcalde denunciou que "desgraciadamente", esa actividade ambiental non depende do concello de Santiago, se non que corresponde á Consellería de Medio Ambiente. 

Comentarios
Lo más