A I edición de Arousa norte gastronómica chega ó seu fin na Galiciana

A I edición de Arousa norte gastronómica chega ó seu fin na Galiciana
A I edición de Arousa norte gastronómica chega ó seu fin na Galiciana

Este domingo realizarase a clausura desta primeira edición da acción promocional impulsada pola Mancomunidade de Municipios de Arousa Norte e financiada pola Deputación da Coruña

Todas aquelas persoas interesadas poderán gozar desta última actividade que se levará a cabo no mercado de La Galiciana (Santiagode Compostela) a partir das 19:30 h., consistente na realización dun showcooking a cargo dos seguintes cociñeiros e cociñeiras de Arousa Norte:

- Luis Arijón, Nojira Restaurante & Bar (A Pobra do Caramiñal)

- Luisma Tobar, Moanin (Boiro)

- Alberto Carou, O Curral Do Marqués (Rianxo)

- Lara del Río, Balieiros Restaurante (Riveira)

Serán os responsables de elaborar diferentes receitas con produtos representativos de Arousa Norte e haberá unha posterior degustación para todas as persoas asistentes. Ademais, a actividade completarase coa actuación musical do grupo The Lákazans co fin de amosar tamén o potencial cultural e artístico co que conta a Comarca do Barbanza.

Será o broche de ouro para esta 1ª Edición de Arousa Norte Gastronómica, cuxo obxectivo principal é aproveitar a riqueza gastronómica coa que conta o territorio para promocionar o xeodestino.


Comentarios