Os espectáculos do Nadal do Gaiás arrancan cunha tarde de música e circo

Os espectáculos do Nadal do Gaiás arrancan cunha tarde de música e circo
Os espectáculos do Nadal do Gaiás arrancan cunha tarde de música e circo

A música e o circo foron os grandes protagonistas este sábado na Cidade da Cultura co espectáculo Orquestra de malabares, un proxecto da banda Unión Musical de Meaño e a compañía galega de novo circo Pistacatro. 

Dirixido especialmente a público infantil e familiar, este diálogo escénico entre seis malabaristas e unha banda de música congregou no Museo Centro Gaiás a un público de máis de 400 persoas no primeiro dos espectáculos programados con motivo dos festexos do Nadal no Gaiás. O evento contou tamén coa asistencia do director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo.

Orquestra de malabares foi ademais o espectáculo de peche de Viraxes, ociclo de concertos promovido pola Consellería de Cultura e Turismo no que as bandas populares lle deron unha volta aos seus repertorios máis tradicionais mesturando a súa música con xéneros como a clásica, o teatro ou o circo. 

Todos os concertos que conformaron este ciclo foron seleccionados na convocatoria dos Premios Innova, promovidos pola Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) e a Xunta a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), co obxectivo de fomentar a experimentación no eido musical.

Comentarios
Lo más