Presentada a iniciativa ‘Pan do Camiño’

Presentada a iniciativa ‘Pan do Camiño’
Presentada a iniciativa ‘Pan do Camiño’

Trátase dunha iniciativa da ASociación Anxiños

Este sábado presentouse en Compostela  Pan do Camiño, unha iniciativa da Asociación Anxiños mediante a cal se creou unha receita especial para a elaboración de galletas en colaboración cos recoñecidos cociñeiros Martín Berasategui e Eneko Atxa, que estiveron presentes neste acto dun xeito virtual, a través de videoconferencia. 


Durante a presentación estiveron presentes o alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo, a conselleira de Mar, Rosa Quintana e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez. O conselleiro destacou os valores sociais e asistenciais da entidade, que promove a recuperación integral, a mellora da asistencia dos nenos e adolescentes con trastornos mentais, ao tempo que proporciona apoio ás familias. Así mesmo, felicitou a Anxiños por unir o Camiño de Santiago co traballo en prol dunha mellor calidade de vida para estes rapaces e as súas familias. 

Comentarios