Ciclista grave ao bater contra un madeiro en medio da estrada en Tomiño

Ciclista grave ao bater contra un madeiro en medio da estrada en Tomiño
Ciclista grave ao bater contra un madeiro en medio da estrada en Tomiño

Un ciclista resultou ferido de gravidade tras caerse da súa bicicleta e golpearse a cabeza contra o chan

Ferido de gravidade un ciclista tras caer este sábado da súa bicicleta despois de bater contra un obstáculo tirado no medio da vía. A vítima é un veciño de Vigo duns 40 anos que no momento do accidente circulaba nun grupo de oito ciclistas pola PO-344, de Gondomar a Tomiño.

Ao chegar á baixada cara a Tebra, chocou contra un pedazo de madeira tirado na vía e caeu sobre o asfalto. Recibiu un forte impacto na cabeza e o seu estado é moi grave.

Ata o lugar desplazáronse membros de Protección Civil, da Gardia Civil e efectivos sanitarios, que trasladaron ao ferido ao centro sanitario.

Comentarios
Lo más