Ricardo Léon Viñas, do Clube Atletismo Sar Vermú Petroni, gaña a VII Carreira Pedestre Popular Concello de Touro

Ricardo Léon Viñas, do Clube Atletismo Sar Vermú Petroni, gaña a VII Carreira Pedestre Popular Concello de Touro
Ricardo Léon Viñas, do Clube Atletismo Sar Vermú Petroni, gaña a VII Carreira Pedestre Popular Concello de Touro

Ricardo León Viñas, do Club Atletismo Sar Vermó Petroni (dorsal 10), fíxose hoxe domingo, día 15 de decembro, coa VII Carreira Pedestre Popular Concello de Touro, dun percorrido de dez quilómetros

Foi o campión masculino na categoría absoluta, cun tempo de 33.45. O segundo posto ocupouno Manuel Oliver Pérez López; do mesmo club (33.50); e o terceiro foi Daniel Paz Pardo, do Club Atletismo Brión Hyupersa Santiago e que marcou un tempo de 34.03. Na categoría femenina a primeira corredora en chegar a meta foi Mada Gracía Abalo, do Cao Club Atletismo Abalo, cun tempo de 43.39.

Máis de 200 corredores participaron hoxe domingo na VII Carreira Pedestre Popular Concello de Touro. A capital do Concello de Touro, nun día con chuvia, atraíu a afeccionados ao running de toda a comarca de Santiago. A proba comenzou puntual. Ás 10.30 horas os organizadores deron a saída oficial. A proba na categoría absoluta constaba de dez kilómetros e discurriu por diferentes puntos do Concello de Touro, fundamentalmente no núcleo urbano de Fonte Díaz. Moitos afeccionados animaron aos participantes, a pesar da insistente chuvia que caeu durante casi todo o percorrido

Trala proba absoluta sucedéronse as carreiras das demáis categorías. A organización, que ofreceu unha camiseta a todos os participantes, entregou os trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría. También tiveron premio os tres primeiros corredores locais da categoría absoluta. A entrega de premios, que estivo a cargo do alcalde da localidade, Ignacio Codesido, e da concelleira de Deportes, Adela Iglesias, foi a eso das 13.30 horas, diante da sede do Concello de Touro, en Fonte Díaz. Na organización da carreira, ademáis do Concello de Touro, participaron a Federación Galega de Atletismo, a Deputación da Coruña e a imprenta Ayude de Arzúa. O alcalde de Touro agradeceu a todos os atletas a participación nesta proba que xa se consolida como unha cita clásica nas probas pedestres da comarca de Santiago. Animou tamén aos participantes a apuntarse na proba do 2020.

Comentarios
Lo más