CA demandará que o concello limpe a contorna do cruceiro de Amio

CA demandará que o concello limpe a contorna do cruceiro de Amio
CA demandará que o concello limpe a contorna do cruceiro de Amio

O cruceiro atópase na carballeira de Amio, preto da antiga escola unitaria que foi rehabilitada durante o pasado mandato grazas a un obradoiro de empreg

Compostela Aberta pedirá no Pleno desta semana que o Goberno acometa traballos de limpeza na contorna do cruceiro de Amio, que na actualidade se atopa completamente rodeado de vexetación. O grupo municipal vén recibindo reiteradas queixas da veciñanza polo estado no que se atopa este elemento patrimonial.

O cruceiro atópase na carballeira de Amio, preto da antiga escola unitaria que foi rehabilitada durante o pasado mandato grazas a un obradoiro de emprego. Tal e como se recolle no portal municipal compostelaverde.santiagodecompostela,gal, é “de tipo crucifixo, bastante estilizado, de fuste cilíndrico apoiado nun pedestal único irregular e con filete circular; con cruz cilíndrica con talla da Virxe e de Cristo”. 

Malia a tratarse dun elemento ben accesible, situado preto dun viario público, o cruceiro de atópase na actualidade rodeado de vexetación que practicamente cobre a súa base na súa totalidade.

Para garantir a mellor conservación do cruceiro, Compostela Aberta pide que se realice unha roza na contorna do cruceiro de Amio, facendo visible este elemento patrimonial e protexéndoo dos danos que puidera causarlle o exceso de vexetación.

Comentarios