Un desprendemento de terra e a caída dunha árbore obrigan cortar a AP-9 e a N-550

Un desprendemento de terra e a caída dunha árbore obrigan cortar a AP-9 e a N-550
Un desprendemento de terra e a caída dunha árbore obrigan cortar a AP-9 e a N-550

O primeiro rexistrouse cando faltaban uns minutos para as 04:00 horas

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia esta madrugada de dous cortes de vía na AP-9, ao seu paso por Vigo, e na N-550, en Caldas de Reis.

O primeiro rexistrouse cando faltaban uns minutos para as 04:00 horas. Foi, a esa hora, cando unha persoa particular informaba ao 112 Galicia dunha árbore que invadía a estrada, practicamente na súa totalidade. Tratábase da N-550, xustamente, na variante de Caldas sentido Santiago.

Con estes datos, o 112 Galicia informou aos axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local , aos Bombeiros do Salnés e ao persoal do servizo de mantemento da vía. Tamén, os membros do GES de Valga foron informados.

Por outra banda, sobre ás 05:45 horas, o persoal do servizo de mantemento da autoestrada informaba ao 112 Galicia dun desprendemento de terra na AP-9, á altura do punto quilométrico 160, en Cabral. Así pois, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos axentes de Tráfico e Policía Local.

Comentarios