Dúas persoas feridas nunha colisión en Oia
Todo comezou ás 07:00 horas desta mañá, cando un dos implicados chamaba ao 112 Galicia para dar conta do accidente, na PO-552
Un accidente entre dous vehículos sáldase con dúas persoas feridas no concello pontevedrés de Oia.
Todo comezou ás 07:00 horas desta mañá, cando un dos implicados chamaba ao 112 Galicia para dar conta do accidente, na PO-552, no punto quilométrico 25. Indicaba, que dúas persoas, posiblemente, requirisen asistencia médica urxente.
Así, os xestores do 112 Galicia poñían o suceso en coñecemento dos profesionais sanitarios, dos Bombeiros do Baixo Miño e dos axentes de Tráfico. Do mesmo xeito, solicitaban a intervención dos membros do GES da Guarda e do persoal da Axencia Galega de Infraestruturas.
O persoal sanitario encargouse da atención dos feridos.