Cinco feridos nun accidente entre un vehículo e un camión en Barro

Cinco feridos nun accidente entre un vehículo e un camión en Barro
Cinco feridos nun accidente entre un vehículo e un camión en Barro

Un dos implicados foi quen, ao fío das 5:30 horas desta madrugada, alertou ao 112 Galicia

En Barro, cinco persoas resultaron feridas despois de colidir o vehículo no que viaxaban contra un camión de vasoira. 

Un dos implicados foi quen, ao fío das 5:30 horas desta madrugada, alertou ao 112 Galicia. Indicaba que chocaran contra un camión que estaba manobrando, cando circulaban pola N-550, no lugar de Santo Antoniño. Aseguraba que había cinco persoas feridas, aínda que non parecían revestir gravidade e que todos estaban fora do vehículo.

Ademais de informar ao servizos sanitarios de urxencia, o 112 Galicia puxo en alerta aos Bombeiros de Ribadumia e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Tamén, o persoal do servizo de mantemento da estrada foi informado do accidente.

Comentarios