O Victoria remata a primeira metada da Liga cun triunfo

O Victoria remata a primeira metada da Liga cun triunfo
O Victoria remata a primeira metada da Liga cun triunfo

O equipo santiagués amosou o seu bo estado de forma para encadear o cuarto triunfo consecutivo nun partido no que non só precisaba exhibir bó xogo senon tamén madurez e saber estar sobre o campo

Esta vez o número 13 foi o da sorte para o Victoria FC. O conxunto compostelán completou un fin de semana redondo na 1.ª División Nacional Femenina xa que non só gañou un partido clave fronte ó Deportivo Abanca B (1-0), senón que tamén viu recortada a súa diferenza con respecto o líder polo tropezo do Viajes Interrías que caeu no duelo co segundo clasificado, o CD Monte, por 1-3. Como dicía o técnico Chivi García na previa: "Non se pode pedir máis".

O equipo santiagués amosou o seu bo estado de forma para encadear o cuarto triunfo consecutivo nun partido no que non só precisaba exhibir bó xogo senon tamén madurez e saber estar sobre o campo. O cadro herculino saltou ó césped de Santa Isabel co obxectivo de non deixar escapar a terceira praza da clasificación na última xornada da primeira volta e confirmou a súa calidade ata o último minuto dun encontro moi disputado.

Carácter tamén necesitaron as xogadoras compostelás para repoñerse o primeiro varapalo. Desde o asubío inicial o Victoria FC contou con ocasións moi claras de gol para poder adiantarse no marcador, pero tanto Noela como Gara e Ánxela non acertaban no un contra un coa porteira do Dépor, Jessica Carro. A falta de puntería chagaba incluso dende o punto de penalti pois ós sete minutos Noela desperdiciou unha pena máxima. Así se chegou ó descanso con empate no marcador (0-0).

Na segunda metade xa non houbo un claro dominador no medio campo e o encontro volveuse máis tolo sen que se chegasen a crear ocasións claras de gol. Pero Noela, máxima anotadora do Victoria FC neste primeiro tramo da Liga con seis tantos, tiña unha espiniña cravada e acertou tras un pase de Gara para prantarse diante da porteira rival e esta vez sí logrou batila (1-0, min. 67).

Lonxe de deixarse ir o Dépor reaccionou cun arreón final pero a gran defensa do cadro 'rojillo' impúxose para deixar a súa porteira a cero.

Sempre esixente, o adestrador do Victoria FC, Chivi García, recoñe que notou as xogadoras "moi nerviosas na primeira metade". "Estaban un poco agarrotadas e iso propiciou as numerosas imprecisións de cara gol no inicio", asume. "Pero depois do saíron moitísimo mellor, máis asentadas no campo", engade o santiagués.

Con este triunfo o Victoria FC iniciará a segunda metade da Liga na 1.ª Nacional dende a terceira posición con 26 puntos (8 triunfos, 2 empates e 3 derrotas en 13 xornadas), a 5 xa do segundo, o CD Monte (31) e a 7 do líder, o Viajes Interrías (33).

Comentarios
Lo más