Os rapaces de Ribeira puideron falar con Papa Noel por videoconferencia

Os rapaces de Ribeira puideron falar con Papa Noel por videoconferencia
Os rapaces de Ribeira puideron falar con Papa Noel por videoconferencia

A intención é repetir a iniciativa con novos centros docentes o ano que vén

Oitenta alumnos e alumnas de dous centros educativos do municipio (colexios Frións e Bayón) estiveron onte a falar con Papa Noel por videoconderencia nas instalacións da Aula CeMIT de Riveira.

Esta actividade, promovida pola Xunta de Galicia coa colaboración do Concello, fixo as delicias dos pequenos que tiveron así a oportunidade de pedir os regalos que máis desexan a Santa Claus antes de que se dispoña a saír de Laponia co seu trineo.

O evento contou tamén cunha sesión contacontos para animar un pouco máis a actividade. Ata alí se desprazaron a concelleira de Innovación Tecnolóxica, Ana Barreiro, e o alcalde Manuel Ruiz, quen aproveitaron para felicitar as festas á rapazada.

A intención é repetir a iniciativa con novos centros docentes o ano que vén.

Comentarios