Un incendio na cociña dunha vivenda en Oroso deixa a unha muller afectada polo fume

Un incendio na cociña dunha vivenda en Oroso deixa a unha muller afectada polo fume
Un incendio na cociña dunha vivenda en Oroso deixa a unha muller afectada polo fume

Os feitos ocorreron na rúa Xuncal, uns minutos antes das 16:20 horas de onte

Unha muller precisou asistencia médica esta tarde ao declararse un incendio na cociña dunha vivenda en Oroso. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a moradora da casa tivo que ser trasladada a un centro médico ao presentar síntomas de intoxicación por inhalación de fume. Por outra banda, o incendio, que se orixinou por mor dunha pota esquecida ao lume, deixou danos na estancia.

Os feitos ocorreron na rúa Xuncal, uns minutos antes das 16:20 horas de onte. Foi o persoal da Cruz Vermella quen alertou ao 112 Galicia do sucedido.

Nada máis ter constancia, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención dos Bombeiros de Ordes, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e de Protección Civil da localidade.

Comentarios