Cae unha furgoneta no río no concello de Sarria
Cómpre salientar que, ao anegarse a estrada, a vía de circulación quedou pechada ao tráfico de vehículos
En Sarria, unha furgoneta caeu ao río sen que se producisen danos persoais. Segundo puido saber o 112 Galicia, a persoa que circulaba no vehículo puido saír do interior da furgoneta polos seus propios medios e atópase en bo estado.
Ocorreu no lugar da Pena, na estrada que une Rosende e Teibilide, uns minutos antes das 17:40 horas de onte. Unha persoa particular alertaba do sinistro ao 112 Galicia e, decontado, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Sarria, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
Cómpre salientar que, ao anegarse a estrada, a vía de circulación quedou pechada ao tráfico de vehículos.