Atopan o corpo do home desaparecido a semana pasada no río Tambre, en Oroso

Atopan o corpo do home desaparecido a semana pasada no río Tambre, en Oroso
Atopan o corpo do home desaparecido a semana pasada no río Tambre, en Oroso

Ao fío das 12:30 horas, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa particular que alertaba do achado

O home desaparecido en Oroso e que os servizos de emerxencia buscan desde o pasado luns, poder ser o mesmo que foi atopado esta mañá debaixo da ponte do AVE, na confluencia dos ríos Tambre e Lengüelle, no concello de Oroso.

Ao fío das 12:30 horas, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa particular que alertaba do achado. Indicaba que o home se atopaba no medio do río e enganchado nunha árbore. Por iso, nada mais recibir a chamada do alertante, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios, das Forzas da Orde e de Protección Civil. Tamén os Bombeiros de Ordes foron informados.

Cómpre sinalar que desde que un particular alertara ao 112 Galicia de ver caer á auga a unha persoa e que a arrastraba a corrente, o pasado luns, púxose en marcha un operativo coordenado pola Garda Civil, os axentes da Policía Nacional e Local. No mesmo, participaron ademais dos servizos sanitarios e dos servizos de emerxencia da localidade, os Bombeiros de Santiago, de Ordes, o GES de Brión e os efectivos de Protección Civil de Santiago. Á procura, tamén se sumaron os membros do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) co equipo de drons e un vehículo anfibio especialmente dotado para desprazarse por zonas de baixo-medio caudal.

Nestes intres, os servizos de emerxencia traballan no rescate do home, que se atopa nunha zona de difícil acceso, e así poder confirmar a súa identidade.

Comentarios
Lo más