O alumnado da ESMU ofrece o seu VIII Festival de Nadal 2019

O alumnado da ESMU ofrece o seu VIII Festival de Nadal 2019
O alumnado da ESMU ofrece o seu VIII Festival de Nadal 2019

A entrada é libre e de balde ata completar aforo

O centro social polivalente de Brión acollerá hoxe mércores 18 de decembro, ás 19.00 horas, o primeiro concerto do oitavo Festival de Nadal da Escola Municipal de Música Magariños. Un recital que correrá a cargo dos alumnos e alumnas da escola de música, dende os tres anos ata os maiores, que amosarán as súas habilidades nas distintas especialidades que se imparten no centro e cun repertorio típico destas datas e tamén música actual. A primeira actuación, con moitas panxoliñas e música clásica, correrá a cargo das agrupacións corais dirixidas por Mateo Gómez Naval.

O programa do Festival completase coas actuacións previstas no salón de actos do centro social polivalente de Brión para o venres 20 de decembro ás 18.00 horas e para o sábado 28 ás 20.00 horas. Nesta segunda xornada, serán os máis pequenos e pequenas os que se subirán ao escenario para interpretar pezas con moito colorido, baixo a tutela da profesora Elisa Costoya. E, unha semana despois, a Banda de Música Municipal de Brión e o Coro Magariños pecharán o Festival con pezas tradicionais destas festas. Jorge Rey Barca dirixirá á Banda, e Mateo Gómez Naval o Coro.

Comentarios