Galicia rexistrou un outono cálido e húmido

Galicia rexistrou un outono cálido e húmido
Galicia rexistrou un outono cálido e húmido

A temperatura máxima absoluta do trimestre rexistrouse o 13 de setembro en Ponteareas: 37.3 ºC. A mínima absoluta, en Xinzo o 22 de outubro: -2.5 ºC

Cunha anomalía media para o conxunto de Galicia de +0.3 ºC, o outono resultou un trimestre cálido. Setembro foi un mes cálido (anomalía +0.9 ºC) con máximas absolutas que chegaron nalgúns casos a aproximarse aos 40 ºC. Outubro resultou tamén cálido, aínda que neste caso con valores máis próximos aos normais (anomalía +0.5 ºC).

Pola súa banda, novembro foi un mes normal aínda que con temperaturas lixeiramente inferiores á media (anomalía -0.2 ºC). A temperatura máxima absoluta do trimestre rexistrouse o 13 de setembro en Ponteareas: 37.3 ºC. A mínima absoluta, en Xinzo o 22 de outubro: -2.5 ºC.

No que se refire á precipitación, o outono resultou moi húmido para o conxunto de Galicia (133% con respecto á media). Isto debeuse sobre todo a un mes de novembro moi húmido (o máis chuvioso desde o 2000 e o cuarto da serie histórica de Galicia 1951-2019) no que as cantidades acumuladas chegaron case a duplicar os valores normais e no que houbo estacións que rexistraron precipitación todos os días do mes. Esta circunstancia, unida a un outubro lixeiramente húmido (106%), compensou con fartura o carácter seco dun setembro no que se recolleu menos do 60% da media.

Comentarios